7 jun. 2014

Cando Mario coñeceu a Clío: Isto é outra Historia!!


21, 23-24 Abril 2014, Xornadas Cando Mario coñeceu a Clio: Isto é outra Historia!!
Facultade de Historia de Ourense, Universidade de Vigo
Organizadas pola Delegación de Alumn@s, ALEHOU, GEAAT e Facultade de Historia, coa colaboración de Xogoon e Sindicato del Comic.

A información sobre a Historia non é patrimonio exclusivo de libros especializados, de documentais ou de outros tipos de informes académicos. O cine, os videoxogos, os cómics, as sagas literarias, xogos de mesa, xogos de rol e outros variados e diversos tipos de soportes, aparecen no panorama social como linguaxes diferentes, onde o pasado está presente, e que poderían ser enriquecidos pola labor dos historiadores.
Creemos que a día de hoxe non é posible pensar en tratar a Historia, sen ter e conta este amplo abanico de formatos que teñen un impacto na sociedade tanto ou máis importante cos libros especializados ou calquera outra clase de soporte académico e que debemos de estudar e analizar as potencialidades que ofrecen como ferramentas de difusión e incluso educativas. Con este fin de aproximarnos e coñecer estes formatos organizamos estas xornadas.



+ info: dafho@uvigo.es, http://historiaourense.blogspot.com.es/p/mario-clio.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario